O movemento feminista mobilízase este sábado en Ourense

Este sábado, 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, Marcha Mundial das Mulleres organiza unha concentración en Ourense que arrancará ás 19.00 horas fronte á Subdelegación do Goberno, no Parque de San Lázaro. Dende ese punto, a marea morada percorrerá as rúas do centro da cidade, pasando polo Paseo ata chegar á Praza Maior, onde se concentrarán fronte ao Concello.
Dende a plataforma condenan a postura do Goberno local, que decidiu un ano máis non convocar o Consello de Igualdade para levar a cabo a programación do 8M na cidade. Ademais, denuncian que o acto principal será a Carreira da Muller, que segundo Marcha Mundial das Mulleres, “pouco ou nada contribúe para a reivindicación de dereitos reais para as mulleres”. Así, piden ás institución que deixen de tomar o 8M como “unha data de festa e non o que é: o Día Internacional das Mulleres Traballadoras”.