O Museo da Gaita de Barbadás organiza o día 2 de xaneiro un obradoiro de galletas musicais

OurenseXa
Unha actividade creativa de Nadal para nenas e nenos de 3 a 12 anos
galletas barbadás
30 Dec 2024

O Museo da Gaita de Barbadás continúa coa súa programación especial de Nadal cunha proposta creativa e divertida para as máis pequenas e pequenos da casa. O día 2 de xaneiro de 2025, de 16:00 a 19:00 horas, celebrarase un obradoiro de galletas musicais no que as nenas e os nenos de entre 3 e 12 anos poderán aprender a facer deliciosas galletas decoradas con temática musical.

O obradoiro, que conta cun máximo de 20 prazas, require inscrición previa, que se pode realizar enviando un correo ao enderezo museodagaita@barbadas.gal ou chamando ao número de teléfono 988 360 413. Esta é unha ocasión única para combinar creatividade culinaria e espírito festivo nun entorno cultural como é o Museo da Gaita.

0.12760400772095