O Museo Galego do Xoguete aumenta a súa colección

OurenseXa
O museo suma máis de 1.500 xoguetes clásicos conservados grazas a diversas doazóns
Museo-galego-do-xoguete
Doazón de María José Costas Álvarez ao Museo Galego do Xoguete
30 sep 2024

O Museo Galego do Xoguete conta dende o pasado venres cunha nova remesa de xoguetes clásicos que suman ás máis de 1.500 pezas conservadas neste lugar, de visita obrigada no Concello de Allariz.

O Museo, creado polo concello de Allariz no ano 1995, foi posible grazas á doazón dunha colección de máis de 600 pezas conservadas por un veciño da vila, Alberto Oro Claro. A partir de entón, non só veciños da vila, senón persoas de toda Galicia, comezaron a facer diferentes donativos aumentando pouco a pouco a colección que, actualmente, está composta por algúns dos xoguetes máis representativos do século XX.

No museo consérvanse pezas que datan dende o ano 1910 ata preto dos anos 80, destacando unha gran cantidade de xoguetes “masculinos”, bélicos, así como tamén unha considerable cantidade de xogos de mesa antigos.

0.12073683738708