O novo Atlético Pereiro de Aguiar Futsal Feminino arranca a tempada

O novo Atlético Pereiro de Aguiar Futsal Feminino estreouse esta fin de semana nun partido amigable contra o Academia Futsal no pavillón municipal A Chaira.
Unha xornada de celebración para o Concello de Pereiro de Aguiar que contou co respaldo do alcalde, Luis Menor, e o Concello Concelleiro de Deportes e Xuventude, Francisco González Fraga.
As deportistas estiveron arroupadas por un numero público que asistiu á estrea deste novo equipo deportivo formado por máis de dez xogadoras e baixo a dirección do adestrador Roberto González.