O obradoiro dual de emprego de Coles, Amoeiro e A Peroxa botará a andar proximamente

OurenseXa
O programa formativo incluirá dúas especialidades: actividades auxiliares de albanelería e atención sociosanitaria en institucións
obradoiro-emprego-coles-a-peroxa-amoeiro
25 Apr 2026

Os concellos de Coles, Amoeiro e A Peroxa contarán nas vindeiras semanas cun novo obradoiro dual de emprego, que xa foi concedido e se poñerá en marcha proximamente.

O programa formativo incluirá dúas especialidades: actividades auxiliares de albanelería e atención sociosanitaria en institucións, combinando así formación técnica en ámbitos da construción e dos coidados.

Nas próximas semanas abrirase o proceso de selección do alumnado-traballador, polo que as persoas interesadas deberán estar inscritas como demandantes de emprego. Ademais, requirirase contar cun nivel 2 de cualificación, equivalente a ESO ou certificado profesional.

Este tipo de obradoiros ofrecen unha formación dual que combina aprendizaxe e traballo real, permitindo aos participantes adquirir experiencia profesional mentres se forman e obteñen unha cualificación oficial.

0.14609503746033