O Our Fest confirma o seu regreso en 2026

GaliciaXa | OurenseXa
O festival celebrarase o 19 de setembro adianta un cartel con artistas internacionais, figuras da escena nacional e novas promesas do pop-rock alternativo
Ourfest
6 Aug 2026

O Our Fest volverá celebrarse este ano en Ourense e xa ten data confirmada. A organización anunciou que a edición de 2026 terá lugar o sábado 19 de setembro nas instalacións de Expourense, onde reunirá de novo a milleiros de afeccionados á música en directo.

A organización adianta que o festival contará cun cartel no que estarán presentes artistas internacionais, nomes destacados da escena musical estatal e novos talentos do pop-rock alternativo. Nas vindeiras semanas daranse a coñecer os primeiros nomes da programación.

As entradas xa están á venda cun prezo inicial de 40 euros, aos que haberá que engadir os gastos de xestión.

Co anuncio da data, o Our Fest inicia a conta atrás para unha nova edición coa que aspira a consolidarse como unha das principais citas musicais do outono en Galicia.

0.13147902488708