O Ouren Sound Fest 2024 pecha o cartel definitivo

OurenseXa
O Ouren Sound Fest 2024 vén de anunciar os dous derradeiros artistas que pechan o cartel definitivo dunha edición que se levará a cabo entre o 23 e o 25 de maio en Pereiro de Aguiar
cartel_ourensound.
Cartel Ourensound 2024
12 abr 2024

A novena edición do Ouren Sound Fest xa ten o seu cartel definitivo. Aos artistas xa confirmados, entre os que se topan grupos tan relevantes do panorama nacional como Arde Bogotá, Shinova, Sidonie ou Tanxugueiras, súmanse dúas novas confirmacións. Trátase de Cauxa Salom, que actuará o 23 de abril, e de Brais das Hortas, que será o encargado de pechar esta edición do festival o domingo 26 maio.

Novo emprazamento

Cabe destacar que, tal e como anunciou a organización do festival fai uns poucos días, o Ouren Sound 2024 non se celebrará no clásico recinto de Bemposta, onde tiveron lugar as oito edicións anteriores, debido á decisión do Concello de Ourense de non colaborar con esta importante cita para Ourense. Por este motivo, a edición de 2024 terá que trasladarse ao Complexo Deportivo de Monterrei, no concello de Pereiro de Aguiar.

"Ourense di adeus ao festival máis importante da provincia, o Ouren Sound Fest, xusto cando cumpre 9 anos, sendo un referente no panorama galego e do norte de España. Un evento que crea máis de 250 postos de traballo e cun retorno económico de máis de 700.000 euros. Debido aos desencontros e a falta de entendemento entre o Concello e productora, esta última decide trasladar o evento ao Concello limítrofe de Pereiro de Aguiar, o cal acóllenos  cos brazos abertos e con todas as facilidades para poder levalo a cabo", sinalaban nun comunicado.

É por iso que, nesta novena edición, os concertos de pago realizaran no Complexo Deportivo de Monterrei, e os días gratuitos (xoves e domingo), que facíanse na rúa do Paseo, celebraranse no centro do concello de Pereiro de Aguiar, na Praza da Capilla.

 

cartel_ourensound_2024