O Ourensán Guillermo Arenas participará no Mundial Júnior de Jiu Jitsu
O jiujitsuka do Judo Club Marbel, Guillermo Areas, participará no Campionato do Mundo de Jiu Jitsu 2024 en categoría Junior (divisións sub 16, sub 18 e sub 21), que se desputará entre os días 28 de novembro e 3 de outubro na bela cidade de Heraklion, na illa de Creta (Grecia).
Areas, nacido en 2004 participará nas categorías de Loita de -69 quilos, sendo o cuarto membro do club ourensán en alcanzar un campionato internacional e o terceiro en participar nun Mundial tras Felipe Iglesias, Christian Alvarez. Acudirá xunto a outros cinco jiujitsukas integrantes da selección española.
Será a segunda experiencia internacional de Guillermo, tras participar no Europeo da categoría, desenvolto en Romanía o pasado mes de abril, onde terminou en posto 17 nas competicións de Loita e Ne Waza.
O seu adestrador no Judo Club Marbel, o subcampión mundial Felipe Iglesias, considera que o obxecto de Areas no torneo será “superar roldas sen mirar máis aló. Enfrontarase a unha categoría durísima, con 25 rivais de gran nivel”. Guillermo afrontará a pesada o mércores 30 e competirá o xoves 31, a partir das 9.00 horas. O jiujitsuka afirma que non lle preocupan os seus rivais: “só me preocupo de chegar na mellor forma posible e de entregarme a fondo. Só terminarei satisfeito se dou todo o que teño en cada combate”.
A competición disputarase no Indoor Sports Hall Aorakia de Heraklion, localidade turística de 170.000 habitantes situada no centro de de a illa de Creta, ao sur de Grecia. O recinto ten capacidade para case 5.200 espectadores e inaugurouse en 2007, sendo sede puntual dalgún partido de Euroliga do Panathinaikos e da selección grega de baloncesto.
O Jiu Jitsu é a arte Marcial do que parten deportes olímpicos como o Judo, e divídese en dúas modalidades: Loita e Dúo. Na primeira débese puntuar de tres formas diferentes: mediante golpe, proxección e inmobilización no chan. Na segunda, é o xuíz quen ditamina a correcta execución das técnicas de cada parella de participantes. A modalidade Ne waza consiste en restrinxir a loita exclusivamente ao chan.