O Ourensán Javier Cid acada un ouro no Campionato de España de Atletismo sub16
O ourensán Javier Cid, pertencente ao Club Ourense Atletismo, regresa do Campionato de España sub16 cunha medalla de ouro co martelo de 4 kg. Pola súa banda, Manuel Eirín, do mesmo clube, quedou decimosegundo en xavelina (600 gr) e noveno en disco (1 kg).
Javier Cid fixo un lanzamento de 59.02 metros nunha axustada loita pola vitoria na que o segundo lanzador, o valencián Daniel González, quedou en 58.62. A terceira posición conseguiuna o salmantino Marco Arozamena con 57.28. Javier Cid estivo en terceira posición ao chegar ao quinto intento, posto que o seu segundo mellor lanzamento, o terceiro, foi de 55.78.
Manuel Eirín dobrou probas, competindo en xavelina o sábado e en disco o domingo. Na xavelina quedou en decimosegunda posición cun mellor lanzamento de 43.66, a algo máis de cinco metros da marca que lle daría o pase á mellora (48.72 do catalán Juc Jubany). Quedou un pouco lonxe dos 50.72 realizados este ano, pero se resarciu no disco cunha gran actuación. No lanzamento de disco mellorou a súa marca, pasándoa de 47.33 a 47.91. Este resultado valeulle para obter a novena praza, a pouco máis de metro e medio da mellora, posto que a oitava praza foi para o aragonés Rubén Cruz con 49.56.
Desde o club destacan o magnífico traballo do sector de lanzamentos, levado polos adestradores Javier Cid e Julio Fernández.