O Parque Acuático de Monterrei abre as súas portas: prezos, horarios e reservas

OurenseXa
Logo de varios anos de retrasos, as novas instalacións do Parque Acuático de Monterrei abren as súas portas ao público este xoves, 20 de xuño
Parque Acuático de Monterrei
20 Jun 2024

O novo parque acuático de Galicia abre as súas portas este xoves, 20 de xuño, converténdose así no segundo parque acuático da comunidade, logo do Aquapark de Cerceda, inaugurado no ano 2000.

As novas instalacións, ubicadas no Complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, serán xestionadas pola empresa santiaguesa Osventos. O contrato, tramitado de urxencia, ascende a case 400.000 euros.

A Xunta foi a encargada de executar as obras da fase 0 e 1 deste complexo lúdico-deportivo, nas que investiu preto de 9 millóns de euros. As instalacións vanse completar cunha nova área de relax (río de cascadas, piscina de nado...), máis atraccións de auga e un parque multiaventura. Pola súa banda, a Deputación de Ourense levará a cabo estas tres últimas fases.

Anos de retrasos

A primeira nova que se tivo da construcción deste complexo foi en 2016, cando o entonces presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, anunciaba que goberno galego levaría á provincia de Ourense un novo parque acuático. Sen embargo, as obras non comezaron ata o ano 2021.

As instalacións debían abrir xa o pasado verán, pero os continuos problemas e retrasos non o fixeron posible, tendo que abrir so unha pequena parte das piscinas e sen rastro dos tobogáns.

Tras apertura no verán de 2023 destas primeiras instalacións (piscina infantil, piscina de relax, de ondas ou a zona de splash), onte finalmente inaugurouse a fase 1 xa totalmente rematada deste complexo que inclúe novos servizos como aparcadoiro, vestiarios, sendas peonís e zona de xogos para nenos así coma catro novas atraccións acuáticas: hidrotubos abertos e pechados e dous novos tobogáns.

Novos tobogáns, piscina de olas e atraccións para os máis pequenos

O lugar non é descoñecido para os ourensáns, xa que alberga unhas das piscinas e pistas deportivas máis usadas nos meses de verán. Agora, sen embargo, o proxecto chega renovado, inda que manterá parte da estrutura orixinal, como a clásica piscina de olas, unha das principais atraccións desde complexo. Pero, sen dúbida, o prato forte chega da man dos catro novos tobogáns, que esperan converterse nun atractivo turístico para a xente de toda a provincia.

As instalacións contarán tamén cunha parte destinada aos máis pequenos, con castelos de auga, cortiñas de auga, un túnel acuático ou os chamados "helico nanos".

Horarios e tickets

O parque permanecerá aberto desde este 20 de xullo ata o vindeiro 17 de setembro en horario de 12.00 a 21.00 horas durante todos os días da semana.

Respecto aos tickets, estos poderán reservares a través de internet, na páxina web do Complexo Deportivo de Monterrei, inda que tamén haberá entradas dispoñibles no despacho de billetes.

Tabla de prezos:

  • Entrada menores de 3 años: gratis
  • Entrada individual menores de 18 anos: 2 euros
  • Entrada individual maiores de 18 anos: 4 euros

Ademáis, tamén hai opción de mercar un bono de 10 billetes cun prezo de 15 euros para os menores de idade e de 30 euros para os de 18 anos ou máis. Pola súa banda, as familias numerosas e persoas con discapacidade terán un descontó do 50%, mentres que tamén haberá descontos para grupos de máis de 25 persoas.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18237709999084