O Parque Acuático de Monterrei xa supera os 80.000 visitantes no que vai de verán e alcanza cifras históricas

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
A instalación xa igualou en plena tempada o número de usuarios rexistrado durante todo o verán de 2025, con case un mes aínda por diante
parque-acuatico-monterrei
17 Aug 2026

O Parque Acuático de Monterrei alcanzou esta pasada semana unha cifra histórica de visitantes ao superar os 80.000 usuarios rexistrados durante a tempada de 2025. A instalación chega así a este dato cando aínda queda case un mes para o remate da actual campaña estival.

Desde a inauguración da última fase do parque, o pasado 31 de xullo, a afluencia media sitúase arredor das 2.000 persoas ao día. Nalgunhas xornadas, ademais, chegouse a superar o aforo máximo permitido, establecido en 3.000 visitantes.

Estas cifras evidencian, segundo os responsables da instalación, a consolidación do Parque Acuático de Monterrei como un referente neste ámbito. A procedencia dos usuarios tamén se ampliou máis alá da provincia de Ourense, con visitantes chegados de diferentes puntos de Galicia, do norte de Portugal, así como de Zamora, León, Madrid e mesmo doutras zonas máis afastadas.

O parque afronta agora as últimas semanas da tempada cunha cifra de visitantes que xa supera a acadada durante todo o verán do ano pasado.

0.13138103485107