O Partido Popular reclamará maior consenso entre a cidadanía para aprobar a ordenanza de veladores
O Grupo Municipal Popular pon de manifesto que “permitir a tramitación dunha ordenanza non implica facilitar a súa aprobación definitiva” e lamenta a pouca capacidade construtiva dos outros dous grupos da oposición: “mentres se dedican a facer especulacións, o Partido Popular traballadía a día para chegar a un consenso e construír un Ourense en positive no que todas as veciñas e veciños estean representados e cómodos”, critica Sonia Ogando.
“É fundamental un diálogo entre veciños e hostaleiros que permita conciliar os seus dereitos, intereses e expectativas”, explica a portavoz do Grupo Municipal Popular, Sonia Ogando, quen recalca que tamén “é fundamental que haxa máis transparencia na xestión dos expedientes municipais”.
Os populares entenden que quen goberna “debe buscar solucións aos conflitos que xorden na cidade e entre grupos ou cidadáns, e non fomenar a confrontación”. Ademais, consideran que “a aprobación da ordenanza de veladores ten que ir da man doutras medidas como por exemplo a aprobación da ordenanza de ruídos que iniciou o Partido Popular, que deixou moi avanzada e que segue gardada nun caixón a día de hoxe, entre outras medidas e actuacións”, engade a concelleira.
Para o Partido Popular a ordenanza de veladores que se aprobe “debe garantir a seguridade xurídica tanto para os hostaleiros como para o resto de colectivos, e non ser unha fonte de conflitos para o futuro”, explica a portavoz.
“Ourense débese cimentar sobre o diálogo, o acordo, e o cumprimento da normativa xeral, e no usode espazos públicos, que nin un grupo de goberno, nin un alcalde oportunista e ineficiente deben alterar” conclúe a concelleira.