O Pereiro de Aguiar acollerá unha xornada para coñecer e preservar a toponimia local

O Pereiro de Aguiar acollerá o vindeiro 11 de setembro unha nova actividade destinada a coñecer, recuperar e poñer en valor a toponimia local, entendida como unha parte fundamental da historia, da identidade e da memoria colectiva do territorio.
Baixo o título “Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra”, a xornada permitirá achegarse aos nomes tradicionais dos lugares e coñecer diferentes formas de participar activamente na súa recuperación e conservación.
A actividade terá lugar a partir das 19.30 horas no Centro de Maiores Os Gozos, no Pereiro de Aguiar, e estará aberta ás persoas interesadas en coñecer mellor o territorio e o patrimonio vinculado aos seus nomes.
A iniciativa pretende contribuír así á preservación da toponimia tradicional e favorecer que este patrimonio inmaterial continúe formando parte da memoria colectiva das novas xeracións.