O Pereiro de Aguiar mellora os espazos da Galiña Azul cun investimento de 20.000 euros

RibeiraSacraXa | OurenseXa
As actuacións realizáronse en zonas interiores e exteriores do centro, que conta con preto de 50 nenos e nenas matriculados
galiña-azul-pereiro-de-aguiar
28 Sep 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar realizou diferentes actuacións de mellora na escola infantil Galiña Azul co obxectivo de adecuar os espazos ás necesidades dos nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Os traballos, que supuxeron un investimento de 20.000 euros, desenvolvéronse tanto nas instalacións interiores como nas exteriores do centro. As actuacións foron realizadas atendendo ás peticións formuladas pola dirección da escola.

A Galiña Azul do Pereiro de Aguiar conta actualmente con preto de 50 nenos e nenas matriculados. Segundo o Concello, as melloras buscan favorecer unhas instalacións máis cómodas e seguras para o alumnado e contribuír ao mantemento dos espazos educativos municipais.

0.1480610370636