O Pleno da Deputación aproba unha moción para garantir a mobilidade no rural

OurenseXa
BNG e DO votaron a favor da moción presentada polo PP para instar ao Goberno Central a retirar a proposta do novo mapa de concesións estatais de liñas de autobús
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
Pazo Provincial da Deputación de Ourense
31 Jan 2025

O grupo provincial do Partido Popular defendeu no pleno deste venres unha moción para instar ao Goberno central a que garanta a mobilidade de toda a veciñanza de Ourense, retirando a proposta do mapa de concesións estatais de liñas de autobús que suprime paradas ata en seis concellos da provincia e recuperando as xa suprimidas. A moción foi aprobada co a apoio do BNG e de Democracia Orensana.

Os populares criticaron que a nova proposta faise “desde a imposición, sen contar coas outras administracións (autonómica, provincial e local), nin atender ás peticións da veciñanza”. O Partido Popular xa solicitara que se tiveran en conta as peculiaridades xeográficas e de poboación da provincia, e prestárase especial atención ás conexións no rural, básicas cara a loita contra a despoboación e o envellecemento.

Desde o grupo provincial do Partido Popular alértase de que coa reestruturación do Ministerio de Transportes elimínanse 90 tráficos dentro de Galicia. Un recorte que deixaría sen parada aos concellos de Trasmiras, A Mezquita, Ribadavia, Riós, A Rúa e Allariz na Provincia de Ourense.

Por todos estes motivos, o PP defendeu no pleno da Deputación a retirada da proposta do mapa de liñas de autobús e, ademais, insta ao Goberno de España a que calquera proposta que pretenda establecerse incorpore as demandas trasladadas desde todas as administracións en relación con este servizo de mobilidade, en particular, que se teñan en conta as peculiaridades xeográficas e de poboación da nosa provincia e se preste especial atención ás conexións do e no rural.

0.16760993003845