O Polo de Emprendemento de Baños de Molgas organiza unha xornada de portas abertas

OurenseXa
Os interesados poderán coñecer de primeira man a historia dun beneficiario da rede de polos que contará a súa experiencia no camiño do emprendemento
Polo_emprendemento_baños_de_molgas
Inauguración do Polo de Emprendemento de Baños de Molgas
9 Xul 2024

O Concello de Baños de Molgas organiza unha xornada de portas abertas no Polo de Emprendemento do municipio para dar a coñecer máis a fondo este programa de fomento do emprego.

Os asistentes poderán coñecer de primeira man a historia dun beneficiario da rede de polos que contará a súa experiencia no camiño do emprendemento.

O Polo de Emprendemento de Baños de Molgas foi inaugurado o pasado 5 de marzo de 2024, converténdose no cuatro para a provincia de Ourense xunto co de Verín, O Carballiño e O Barco de Valdeorras.

Os polos de emprendemento impulsados pola Xunta de Galicia teñen como obxectivo permitir casar a xestión da busca de emprego coa realidade demográfica e social de Galicia, dinamizar o mercado de traballo, buscando a interacción entre os ámbitos rurais e urbanos e fixar poboación no territorio.

0.18742609024048