O portugués Digo Brito regresa ao COB
Diogo Brito (24 de abril de 1997, Povoa de Varzim) é a décima peza da máquina cobista para a vindeira tempada.
O alero de 26 anos e 1,96 metros de altura, é coñecido pola súa versatilidade e habilidade tanto na defensa como no ataque. Formado na Universidade de Utah State, nos Estados Unidos, Brito tivo unha destacada carreira universitaria antes de dar o salto ao baloncesto profesional en Europa. Todos coñecemos o seu desempeño no seu paso polo Club no que deixou claro a calidade que atesoura.
Tralo seu paso por Ourense destacou no CB Morón onde mediou 15 puntos e 4 rebotes por partido, o que chamou a atención do Lleida Baloncesto. Con eles conseguiu chegar á Final Four na 2022-2023 e acadou o ascenso na 2024-2025 cun xogo e cuns números moi consistentes para irse aos 8,1 puntos e 3 rebotes, aportando, ademais, o seu liderazgo na cancha.
“ Estou moi contento coa contratación de Diogo Brito. Tanto eu, como a institución, como o cobismo, estamos de noraboa por poder contar con que un xogador da súa categoría se una ao noso proxecto. Xogou as dúas últimas “Final Four” sendo un dos artífices do ascenso o ano pasado. É un xogador que coñece a cidade e á afección e creo que é un aliciente para todos. Ten unha personalidade especial, dá todo no campo cunha ética de traballo e un nivel competitivo que só se pode comparar co seu enorme talento”.
Esta non é, tampouco, a primeira vez que se cruzan Diogo Brito e Moncho López, “adestrei a Diogo con quince anos, e despois da súa etapa nos EEUU e LEB, teño a sorte de volvelo a encontrar no meu camiño e quero gozar desta nova etapa cun xogador tan especial e que nos vai a aportar tantas cousas”.
As aspiracións do COB parecen quedar claras, como ben di Moncho, “os nosos obxectivos son a permanencia e ademáis xogar as eliminatorias de ascenso a ACB, e creo que con Brito dimos un paso máis de cara a acadar a nosa meta”
O grupo principal está case completo para o novo proxecto do Club Ourense Baloncesto, que promete dar espectáculo na nova tempada, incorporando unha peza clave como é Diogo Brito. “Pode xogar tanto de 3 coma de 2, destacando a súa lectura de xogo, pasando o balón, pero sen infravalorar a cantidade de puntos que ten nas mans, capacidade de ser vertical e as vantaxes que xera para outros compañeiros. No ámbito defensivo é un xogador que é completo, pode emparellar con xente máis alta grazas ao seu físico; e tamén, quero destacar a súa intelixencia táctica e capacidade competitiva” conclúe Moncho sobre nova fichaxe cobista.
Queda así perfilada a alineación do próximo ano cos obxectivos claros: seguir medrando e afianzar un proxecto que nos devolva ao sitio que merecemos.