O PP critica ao subdelegado do Goberno de Ourense por "negar o caso de okupación da rúa Río Arnoia"

OurenseXa
Para os populares o caso de río Arnoia “non é un invento, é unha problemática real que os veciños levan meses manifestando"
O PP de Ourense denuncia a falta de seguridade no entorno da rúa Río Arnoia
13 Aug 2024

O Partido Popular de Ourense laméntase das declaracións realizadas polo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, nas que insistía nos baixos índices de delitos na provincia. "Fronte a informacións recentes e declaracións de representantes políticos nos medios de comunicación", o subdelegado fixo fincapé en que os delitos que teñen que ver coa usurpación de bens inmobles ou o delito de violación de morada, non representan un problema de convivencia e son irrelevantes ou inexistentes na provincia e na capital.

Pero para os populares o caso de río Arnoia “non é un invento, é unha problemática real que os veciños levan meses manifestando e o Partido Popular vai a estar a carón dos veciños ata que se lles de unha solución”, asegura a deputada autonómica e concelleira Noelia Pérez.

Os populares denuncian tamén que o subdelegado tildase ao PP de "alarmistas" ante un problema que, opinan, é máis que evidente. “Invitámolo a saír do despacho e chegarse ata alí para que comprobe o que están a sufrir os veciños, tamén pasear polas rúas da Ponte e O Vinteún”, indica a popular. “En que cidade vive? Porque os veciños da Ponte e O Vinteún están a denunciar constantemente, roubos en casas, garaxes e negocios, atracos con armas brancas, e destrución de mobiliario” engade.

O Partido Popular entende que a politica é escoitar aos cidadáns e axudalos, algo que están a facer día tras días. Sen embargo, advirte de que “é imposible solucionar un problema se o alcalde e o responsable da Subdelegación do Goberno en Ourense o negan”. Neste senso, a deputada e concelleira lamenta que “o alcalde non fixese nada para pedirlle ao Ministerio unha solución, a pesares de solicitarllo todos os meses nas xuntas de área, e tamén que a Subdelegación do Goberno prefiera defender os intereses do partido socialista por riba dos intereses dos cidadáns”.

Por outra banda, a edil e deputada pregúntase por que a lei non é igual para todos. “Cando un cidadán ten unha casa en mal estado obríganlle a tomar medidas, por que o Ministerio non as tomou a tempo para non chegar á situación actual? Non hai nada que xustifique o pasotismo do Goberno con Ourense”.

“É incrible que o Goberno do España sexa o responsable da situación na que se atopan esas naves e despois de non facer nada durante máis dun ano, acuse aos veciños de darlle tinguiduras políticas ao problema, en vez de solucionalo. O subdelegado pensa que a ocupación é un invento da ultradereota”, continúa Noelia Pérez.”Está traendo a Ourense a ditadura que instaurou Pedro Sánchez e pregende impoñerlles aos veciños con quen se teñen que reunir”, engade.

“O subdelegado só se dedicou a criticar ao PP por contar a verdade e defender aos veciños, pero pola contra non diu ningun prazo para a solucionar o problema, que era o que tiña que facer. Ainda que lle moleste ao partido socialista que escoitemos aos ourensáns, ímolo a seguir facendo cada día”conclúe a edil e deputada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15046906471252