O PP de Ourense denuncia a "falta de seguridade" no entorno da rúa Río Arnoia

OurenseXa
Os populares sinalan que a presenza de okupas nunhas naves provoca "pelexas continuas" e "ruido constante"
O PP de Ourense denuncia a falta de seguridade no entorno da rúa Río Arnoia
5 Aug 2024

O grupo municipal do PP de Ourense denunciou este luns a "falta de seguridade" na contorna da rúa Río Arnoia da cidade pola presenza de okupas nunhas naves desa mesma rúa.

"As pelexas son constantes, o ruído é constante" sinalaba a popular Noelia Pérez, que indicaba que os veciños, xa hai un ano, "puxéronse en contacto connosco e tamén o puxeron en coñecemento da Subdelegación do Goberno" porque as naves dependen do Goberno.

Os populares lembran que fai un ano que presentaron una moción no Concello pedindo ao alcalde que se reunira co Ministerio, pero que o rexedor rexeitou a proposta.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19431090354919