O PP de Ourense estuda canles de colaboración con asociacións de venezolanos para canalizar axuda humanitaria tras os terremotos

Unha representación do Partido Popular de Ourense, encabezada pola secretaria xeral Sandra Quintas, mantivo unha reunión na sede provincial do partido con representantes de asociacións de venezolanos na provincia —Alma Llanera, Cantaclaro e a Federación Venezolana de Galicia— co obxectivo de estudar vías de colaboración para facer chegar a axuda humanitaria destinada ás persoas damnificadas polos tremores.
Durante o encontro abordáronse as dificultades que atopan estes colectivos tanto para xestionar o material recollido como para facelo chegar a Venezuela, tendo en conta ademais que as necesidades van variando co paso do tempo e que será necesaria máis axuda durante os vindeiros meses.
Os representantes do PP de Ourense comprometéronse a trasladar ás institucións as peticións formuladas polos colectivos asistentes, así como a mobilizar ao conxunto do partido —cargos públicos e militancia— co fin de colaborar na busca de canles e fórmulas que permitan facilitar a entrega da axuda á cidadanía venezolana afectada.