O PP de Ourense súmase ás críticas contra o alcalde por vetar a Pepe González como pregoeiro da festas da Ponte

OurenseXa
Os populares advirten que "con este tipo de comportamentos vai en contra da libre elección da cidadanía ou dos seus representantes a través das comisión de festas"
jacome_2
Gonzalo Pérez Jácome
25 Jul 2024

O grupo municipal do Partido Popular cualifica de inadmisible a decisión do alcalde de Ourense de vetar a Pepe González, xornalista e veciño do barrio, como pregoeiro das festas da Ponte.

"Pepe González non só é un recoñecido profesional do mundo da radio, medio no que ten unha amplísima traxectoria con máis de corenta anos de traballo, sinalan os populares. Tamén é un dos veciños máis coñecidos do barrio da Ponte, onde reside desde hai máis de treinta anos", explican.

O xornalista xa tivo ocasión de exercer como pregoeiro das festas da Ponte hai anos, ademais de oficiar como presentador de numerosos actos públicos, facendo gala da súa condición de “pontino”.

"Para calquera barrio da cidade que celebre as súas festas non pode haber máis honra que ter como pregoiro aos seus veciños ilustres, engaden os populares, que coa súa presenza contribúen a manter o espírito festivo do seu barrio", defenden os populares.

O PP non só rexeita a decisión do alcalde, senón que advirte que con este tipo de comportamentos vai en contra da libre elección da cidadanía ou dos seus representantes a través das comisión de festas. Para calquera barrio da cidade que celebre as súas festas non pode haber máis honra que ter como pregoiro aos seus veciños ilustres, que coa súa presenza contribúen a manter o espírito festivo do seu barrio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14791703224182