O PP pedirá á Deputación de Ourense un acordo para complementar as axudas aos viticultores da D.O. Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O grupo popular afirma que o obxectivo desta iniciativa é alcanzar o prezo do custo da uva non recollida, coa finalidade de garantir a supervivencia das explotacións
crise-viticola-ribeira-sacra
16 sep 2024

O grupo provincial do Partido Popular en Ourense vén de presentar unha moción para o pleno ordinario da Deputación, previsto para o 27 de setembro, na que pedirá a implicación de todos os grupos políticos da Corporación para alcanzar un acordo que permita complementar as axudas da Xunta de Galicia aos viticultores da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

O grupo popular afirma ser “moi consciente desta situación e sabe da necesidade de medidas urxentes que complementen as xa tomadas pola Xunta”, destacando que o obxectivo desta iniciativa é alcanzar o prezo do custo da uva non recollida, coa finalidade de garantir a supervivencia das explotacións. Nesta liña, a moción tamén pide ao Goberno galego que garanta esa liña de axudas para mitigar as perdas ocasionadas este ano nos viñedos da Ribeira Sacra pola uva non recollida.

A iniciativa popular repasa a situación de “excedente de viño” que se está a rexistrar, especialmente os tintos, que están a ter dificultades en todo o mundo. Tras este escenario parecen estar cambios no comportamento dos consumidores, algunhas modas, o cambio climático e mesmo consecuencias derivas da pandemia, esta última como responsable da acumulación de tintos en numerosas adegas de todo o sector.

As reservas de tinto, engade a moción do PP, non conseguen saír ao mercado e aínda que non se pode falar dunha denominación ou dunha uva en concreto, si parece que onde máis dano se está a rexistrar é nas zonas onde a produción e máis esixente.

0.1918580532074