O PP provincial vota en contra da xestión pública e directa do CAPD de Ourense

OurenseXa
O goberno provincial cambia de parecer e vota en contra dunha moción conxunta presentada por PSOE e BNG para instar á Xunta a escoitar as demandas das familias da plataforma ProCAPD
pleno-deputacion-ourense-pp
Pleno de la Diputación de Ourense
31 Jan 2025

A situación do futuro Centro de Atención para Persoas con Discapacidade de Ourense centrou o debate do Pleno da Deputación de Ourense deste xoves.

BNG e PSOE levaron ao Pleno unha moción conxunta para esixir a xestión pública e directa do novo CAPD de Ourense, que entrará en funcionamento en abril. Consideran que o CAPD é un servizo fundamental para as familias da cidade e lembran que, a pesar das reiteradas demandas por parte do persoal e das familias, a administración autonómica rexeitou o acordo acadado en 2016 para a xestión pública do centro.

Por iso, pedían á Deputación que cumprise os compromisos adquiridos e ratificase a xestión pública e directa o CAPD. Lembraron que este acordo foi subscrito por unanimidade dos grupos políticos presentes na corporación provincial nunha moción conxunta aprobada o pasado 20 de decembro titulada “Para o apoio e a xestión pública do CAPD de Ourense”.

Esixían tamén á Deputación que tome partido e defenda os interesas da provincia e da súa veciñanza, e pediron ao goberno provincia que tome as medidas de presión oportunas dante da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con vistas desbotar o proceso de licitación da xestión do CAPD de Ourense e retomar o compromiso a prol da súa xestión pública e directa.

Pero o Goberno Provincial, presidido por Luis Menor, votou en contra das petición de BNG e PSOE, apoiando a postura do PP autonómico.  Pola súa banda, os representantes de Democracia Orensana abstivéronse na votación.

0.16206979751587