O prazo para anotarse aos Obradoiros de Idiomas do Concello de Ourense remata hoxe
A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza un ciclo de obradoiros de idiomas: galego (nos niveis CELGA 1 e 3), inglés (atención ao cliente), portugués, italiano, alemán e francés. Con esta actividade, complementaria á Escola Municipal de Idiomas, o Concello quere dar resposta a demanda cidadá de propostas formativas para persoas que necesitan mellorar os seus coñecementos de idiomas e axudalas a adquirir novas capacidades, reciclarse e proseguir o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Serán un total de 7 obradoiros, que se desenvolverán desde o día 2 de abril até o 28 de xuño, nas aulas da Escola Municipal de Artes Escénicas, na rúa da Canle, número 4. As clases serán en horario de mañá.
Os requisitos para participar é ser maior de idade e estar empadroado no Concello de Ourense. As persoas interesadas poden inscribirse até este domingo, 24 de marzo, a través da páxina web da Concellería de Educación. O custo de cada obradoiro será de 33€