O prazo para solicitar as axudas ás asociacións no concello de Toén estará aberto ata o 27 de maio

OurenseXa
As axudas estarán dirixidas ás asociacións de veciños e outras entidades sen ánimo de lucro
concello-de-toen
Concello de Toén
30 abr 2024

O Concello de Toén vén de publicar as bases da convocatoria das subvencións ás asociacións de veciños e outras entidades sen ánimo de lucro do municipio para este 2024. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 27 de maio a través da sede electrónica da Oficina Municipal de Toén.

Os programas susceptibles de percibir estas subvencións serán as actividades de carácter sociocultural, deportivo, recreativo ou  formativo, as actividades que promovan o asociacionismo e a participación cidadana na vida pública, as actividades que promovan o desarrollo sostible e aquelas dirixidas ao uso de novas tecnoloxías, e as actividades para promover a igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero.