O programa de Termalismo Social da provincia xa supera as 1.000 solicitudes

OurenseXa
É a cifra máis alta de solicitudes rexistrada dende a posta en marcha do programa, no ano 2013
Balneario de Lobios
Balneario de Lobios
31 Jan 2025

O 28 de xaneiro ás 00.00 horas abría o prazo de presentación de solicitudes do Programa de Termalismo Social provincial e, transcorridas 36 horas, as prazas solicitadas superaban o milleiro, a cifra máis alta desde o comezo do Programa en 2013, superando as cifras preCovid.

Más do 60% de prazas asignadas corresponden a persoas residentes fora de Galicia, pois presentáronse solicitudes desde Galicia, Asturias, País Vasco, Cataluña, Illas Baleares, Andalucía, Madrid, Castela-León e Murcia.

Dada a afluencia de persoas que acudiron á Área de Benestar da Deputación de Ourense, habilitáronse seis postos para atender presencialmente a todas as persoas que quixeron tramitar a solicitude en persoa. Ademais, decidiuse ampliar de catro a seis as liñas telefónicas habilitadas para informar do Programa que a partir de hoxe serán 988 317 760, 988 317 762, 988 317 766 e 988 317 767.

 

0.19074583053589