O programa de verán de Esgos continuará en agosto con feiras, concertos, cine e actividades para toda a familia

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A programación inclúe o II Encontro de Campaneiros, a Feira do Pinto, propostas culturais do Proxecto Maruxa Mallo, cine ao aire libre, pilates, ludoteca, festa da escuma e rematará en setembro cun mercadiño veciñal e unha actividade de animación á lectura
charla-programa-maruxa-mallo-esgos
31 Jul 2026

O Concello de Esgos continuará durante o mes de agosto coa súa programación estival, cun calendario de actividades repartidas por diferentes puntos do municipio e pensado para públicos de todas as idades.

Entre as citas previstas destacan os domingos do II Encontro de Campaneiros, que se desenvolverá en distintas parroquias do concello, e a Feira do Pinto, programada para o sábado 8 de agosto.

A programación incluirá tamén unha nova actividade do Proxecto Maruxa Mallo, baixo o título “Cinema con ollos de muller”, cuxa data está aínda pendente de confirmación. Esta iniciativa forma parte do programa centrado no benestar, a formación e o empoderamento das mulleres.

No apartado musical, o xoves 13 de agosto celebrarase un concerto no Mosteiro de Rocas, mentres que o mércores 19 haberá unha sesión de cine de verán en Esgos.

Ao longo do mes tamén está prevista unha nova actividade de pilates incluída no programa +Deporte, aínda sen data confirmada. Pola súa banda, o xoves 20 de agosto desenvolverase unha xornada con ludoteca e festa da escuma en Esgos, coincidindo ademais coa celebración da Festa do Emigrante.

A programación estenderase ata setembro. Entre as últimas propostas figuran un mercadiño veciñal de segunda man en Esgos e a actividade “Debuxar letras”, integrada no programa Ler Conta Moito, que terá lugar na biblioteca municipal o 18 de setembro.

0.1070249080658