O programa 'En Barbadás o verán é cultura' continúa este xoves coa actuación de Carolina Rubirosa

OurenseXa
A artista dará un concerto en acústico no Parque dos Patos da Valenzá ás 21.00 horas
Carolina Rubirosa
Carolina Rubirosa
10 Xul 2024

O programa 'En Barbadás o verán é cultura' continúa este xoves coa actuación da artista Carolina Rubirosa, que dará un concerto en acústico no Parque dos Patos da Valenzá ás 21.00 horas.

A programación continuará ao longo deste mes de xullo e durante o mes de agosto cos espectáculos 'Máis sabor', 'Hoxe sí', da compañía de Circo María Iglesias, 'Quixote, da compañía teatral Pedras de Cartón, 'Degustación de imposibles na rúa, un espectáculo de maxia de Joshua Kennet e un concerto do grupo Gin Toni´s.

0.19921398162842