O programa Ler Conta Moita achegará o espectáculo “A maxia dos libros” á Bola

O Concello da Bola acollerá o próximo 9 de xullo unha nova actividade cultural enmarcada no programa Ler Conta Moito, coa celebración do espectáculo familiar “A maxia dos libros”, unha proposta pensada para fomentar a lectura a través do entretemento e a participación.
A cita terá lugar ás 18.00 horas na área recreativa de Ponte Barbón e contará coa participación do Mago da Boina e Mami, que serán os encargados de conducir unha sesión na que a fantasía, o humor e a aventura se mesturarán para achegar ao público o mundo dos libros desde unha perspectiva lúdica.
A actividade pretende amosar ás familias como a lectura pode converterse nunha ferramenta para estimular a imaxinación e abrir a porta a novas historias e experiencias. O espectáculo está dirixido a público familiar e a participación será gratuíta.