O programa Máis Emprego de Cogami formou a 69 persoas en Ourense
Cogami vén de finalizar con éxito a primeira fase do programa de inserción sociolaboral Máis Emprego, desenvolvido en Ourense así como no resto de sedes da confederación.
Dirixido á inclusión laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, como é o caso das persoas con discapacidade, o programa contou cun 323 participantes durante 2024, acadando unha taxa de inserción laboral do 44%, superando as expectativas iniciais. En Ourense, o programa Máis Emprego de COGAMI formou a 69 persoas durante 2024, acadando 31 insercións laborais.
Financiado pola Fundación ”la Caixa” e o Fondo Social Europeo Plus, o programa destaca por ofrecer formación especializada e itinerarios personalizados de inserción sociolaboral. En 2024 impartíronse 35 cursos nos que participaron 402 persoas, cun enfoque claro na capacitación para as demandas do mercado laboral.