O programa “Maruxa Mallo” promove unha actividade sobre mulleres e deporte en Paderne de Allariz

O Proxecto “Maruxa Mallo” continúa coa súa programación con unha nova actividade centrada nesta ocasión en “As mulleres e o deporte”, que terá lugar o 7 de xullo ás 10:00 horas no Concello de Paderne de Allariz.
Esta iniciativa forma parte do programa conxunto impulsado polos concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín e Paderne de Allariz, dirixido ás mulleres dos tres municipios e centrado no seu benestar, formación e empoderamento.
A actividade enmárcase na área de saúde e benestar e ten como obxectivo promover hábitos saudables e a participación das mulleres na práctica deportiva.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do WhatsApp 685211882 ou dos seguintes correos electrónicos: servizosociais@concelloesgos.com, servizossociaisconcellodepaderne@hotmail.com e katia.pulido.nogueiraderamuin@eidolocal.es.