O programa 'Tai Chi na Rúa' regresa no mes de xullo ao Xardín do Posío para celebrar a súa edición número 42

OurenseXa
A actividade gratuíta desenvolverase de luns a venres entre o 1 e o 17 de xullo e non require inscrición previa
tai-chi-na-rua-ourense
29 Jun 2026

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organizará unha nova edición de Tai Chi na Rúa, unha proposta gratuíta que volverá levar a práctica desta disciplina ao aire libre durante o mes de xullo. A actividade celebrarase no Xardín do Posío entre os días 1 e 17 de xullo, de luns a venres, en horario de 8.00 a 9.00 horas.

A iniciativa alcanza este ano a súa edición número 42 e ten como obxectivo promover hábitos de vida activos e saudables entre a veciñanza, ofrecendo unha actividade aberta á participación de persoas de todas as idades desde primeira hora da mañá.

As sesións terán unha duración aproximada dunha hora e desde a organización lembran a conveniencia de acudir con roupa e calzado cómodo para facilitar a práctica da actividade. Tamén recomendan ás persoas asistentes presentarse uns minutos antes das 8.00 horas no punto de encontro.

0.13254022598267