O PSdeG abre á cidadanía a súa sede de Ourense para elaborar un maio

OurenseXa
Nesta ocasión, o maio da Agrupación Municipal levará por nome ‘Ourense infinito’ e as e os socialistas convidan tamén á cidadanía a cantar a copla o propio domingo
maios_ourense
Imaxe dun Maio, Ourense 2023
2 may 2024

Dende a Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense convidan á cidadanía a participar nunha das festas tradicionais máis importantes para a cidade: os maios. Por este motivo, a secretaria xeral, Natalia González Benéitez, explica que este ano abrirán as portas de sede do partido (na rúa Ribeira de Canedo, nº 24-26) para todas aquelas persoas que se animen á elaborar ou queiran aprender como é o proceso.

“O ano pasado participamos no certame por primeira vez e puidemos donar o recadado á Asociación Española Contra o Cancro (AECC). A experiencia foi moi gratificante e quixemos repetir achegándonos máis á cidadanía. Os e as que o desexen poderán vir á nosa sede mañá pola tarde, a partir das 17.00 horas, e o sábado, a partir das 18.00 horas”, afirma a tamén portavoz do grupo municipal socialista.

O maio deste ano da Agrupación Municipal levará por nome ‘Ourense infinito’ e as e os socialistas desexan convidar á cidadanía a cantar a copla o propio domingo, 5 de maio, na rúa do Paseo e desfrutar do ambiente festivo.