O PSdeG da Peroxa denuncia o atraso na apertura das piscinas municipais

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O grupo socialista reclama adiantar a posta en funcionamento ante as altas temperaturas de xuño e cuestiona o estado das instalacións e a selección de socorristas
piscina-a-peroxa-pechada
25 Jun 2026

O grupo socialista reclama adiantar a posta en funcionamento ante as altas temperaturas de xuño e cuestiona o estado das instalacións e a selección de socorristas

O grupo municipal do PSdeG-PSOE da Peroxa denuncia un ano máis o atraso na apertura das piscinas municipais e reclama que se adiante o inicio do servizo, polo menos, á data de comezo das vacacións escolares.

Segundo sinala o grupo socialista, as temperaturas elevadas que se rexistran ano tras ano xa desde a segunda quincena de xuño fan necesario adiantar a posta en funcionamento das instalacións, así como cuestionan que se manteña o servizo aberto ata avanzado setembro cando, segundo indican, o tempo xa non acompaña.

No último pleno celebrado o mércores 17 de xuño, os concelleiros socialistas preguntaron pola cuestión e o alcalde comprometeuse a adiantar este ano a apertura unha semana respecto a exercicios anteriores, fixando a data no sábado 27.

O grupo socialista agarda que este compromiso se cumpra, aínda que afirma que a situación das piscinas a día de onte era, segundo indican, a de instalacións aínda sen limpar nin preparar.

Tamén expresan preocupación polo proceso de selección dos socorristas previsto para este xoves 25 de xuño e preguntan que ocorrería no caso de que, como aseguran que xa aconteceu outros anos, algunhas persoas preseleccionadas non se presenten.

0.15879511833191