O PSdeG de Ourense aborda o pasado, presente e futuro de Bemposta

OurenseXa
“Dende o noso punto de vista este é un tema interesante de abordar, non só polo que supuxo para Ourense o Circo dos Muchachos no pasado, senón polos posibles proxectos aos que podería dar cabida”, asegura a secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González
Circo dos Muchachos, Benposta
Cidade dos Muchachos, Bemposta
15 Mar 2025

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE e XSG de Ourense organizaron este venres, na Biblioteca Nós, a proxección do documental ‘Benposta, soño e realidade’ (producido pola TVG) e un posterior coloquio con Jainer Barros, Antonio Rodríguez e Carlos Sixirey, exintegrantes e familiares do circo.

Abordáronse as luces e as sombras dun modelo de autoxestión que comezou nuns terreos da parroquia de Seixalbo e que se extendeu ata Madrid nos anos 80 cunha segunda sede, logo de ter percorrido o mundo con actuacións en países como Xapón, EE.UU., Colombia ou Bélxica.

“Dende o noso punto de vista este é un tema interesante de abordar e debería facerse dun xeito más amplo e fondo, non só polo que supuxo para Ourense o Circo dos Muchachos no pasado recente, senón polos posibles proxectos aos que se podería dar cabida nese lugar tan emblemático e con colaboracións das diferentes administración”, expuxo ao comezo do acto a secretaria xeral do PSdeG na cidade e portavoz do grupo socialista no Concello, Natalia González.

Pola súa banda, o seu homólogo na organización xuvenil, Miguel Gómez, agradeceu a colaboración para organizar a proxección e charla –enmarcada dentro do curso de formación Antonio Taboada que dende XSG promoven–. “O principal obxectivo era dar a coñecer o pasado, presente e potencial futuro de Benposta, un espazo único en Europa que ademais foi unha das primeiras escolas de circo e de producción audiovisual nos anos 60”, destacou.

⚙ Configurar cookies
0.073913812637329