O PSdeG de Ourense convoca unha asemblea extraordinaria no marco do 41 Congreso do PSOE
A agrupación municipal do PSdeG de Ourense convoca unha asemblea extraordinaria o xoves 7 de novembro, que terá lugar ás 20.00 horas, para a presentación, debate e votación de emendas á Ponencia Marco do 41 Congreso do PSOE.
Logo de anunciar o partido que se trasladará o documento ás federacións o vindeiro martes 5 de novembro, as e os socialistas da cidade abordarán os asuntos que consideran de maior relevancia de cara ao Congreso que terá lugar entre o 29 de novembro e o 1 de decembro en Sevilla. Un documento que servirá para actualizar e ampliar as liñas ideolóxicas durante para os próximos 4 anos analizando os retos actuais máis urxentes e os futuros.
A vivenda, a igualdade e a inclusión, a educación, a sanidade, a economía e o emprego, o reto demográfico, a dixitalización e a innovación ou a rexeneración democrática serán algúns dos asuntos que, previsiblemente, se porán sobre a mesa para dar resposta ás demandas da cidadanía.
De acordo co establecido nas bases da convocatoria do 41 Congreso do PSOE aprobadas pola Comisión Executiva Federal, as propostas de emendas deben realizarse alomenos con 24 horas de antelación ante a Secretaría de Organización.