O PSdeG de Ourense esixe ao Concello a elaboración dun regulamento de matrimonios civís

OurenseXa
Os socialistas piden a Jácome que retroceda na súa decisión de que só poida casar o alcalde
Concello_Ourense_recurso_2
Concello de Ourense
1 Abr 2024

O grupo municipal socialista presentará, no pleno ordinario do mes de abril o vindeiro venres, unha moción para a aprobación dun regulamento de cerimonias civís no Concello de Ourense.

O recente 14 de marzo, no Decreto número 2024002002 sobre a celebración de matrimonios civís, o alcalde da cidade suprimíu a delegación aos e ás edís e reservouse“a facultade de autorizar persoalmente os casamentos”, tal e como explicou nunha rolda de prensa previa. As e os socialistas lembran, ademais, que o rexedor comunicou a decisión proferindo un discurso susceptible de ser considerado un delito contra a honra das traballadoras municipais e cargos públicos, aos que acusou de “ter unha mafia montada”, entre outros improperios.

Descoñecemos se existe un expediente administrativo cos informes xurídicos necesarios para avalar esta decisión, que parece entrar en contradición coa lexislación ao respecto e semella responder a un exercicio arbitrario das súas competencias ao limitar a participación política dos membros da corporación”, destaca a edil do PSdeG María Fernández Ojea.

Tamén implica un prexuizo para aquelas parellas que xa tiñan a súa data e todo organizado para a celebración do que debería de ser un dos días máis importantes das súas vidas”, engadiu en referencia a esas persoas que foron informadas dende o Concello dos cambios referidos e que amosaron o seu descontento.

Dende o grupo municipal socialista queren, con esta iniciativa, que o goberno local retrotaia a decisión adoptada por Gonzalo Pérez Jácome que “soamente responde a unha nova campaña de márketing político”, e a iniciar un regulamento das ceremonias civís.

Recoñecer o dereito da cidadanía, cunhas ideas, unha ética, unha moral e uns valores sociais non adscritos a ningunha crenza relixiosa, a unha cerimonia civil baseada nunhas normas de conduta democráticas e tolerantes debería ser unha realidade no noso Concello enmarcado na defensa do exercicio dos dereitos e liberdades da cidadanía en xeral, sexan as que sexan as súas conviccións, sempre que sexan respectuosas coas persoas e cos seus dereitos”, rematou a edil.

Por todo o anteriormente exposto, as e os socialistas solicitan na moción a aprobación de dous puntos para que se declare de nulo o decreto número 2024002002 -de data 14 de marzo do 2024 sobre celebración de matrimonios civís- e para que se redacte e aprobe un regulamento novo.

0.20307803153992