O PSdeG de Ourense organiza un encontro con Aurora Marco sobre evolución dos dereitos das mulleres

OurenseXa
A iniciativa, aberta á cidadanía, celebrarse este 25 de abril na Casa do Pobo
conversas-na-casa-do-pobo
20 Apr 2026

A agrupación local do PSdeG-PSOE de Ourense continúa co desenvolvemento do ciclo de charlas “Conversas na Casa do Pobo”, unha iniciativa aberta á cidadanía que busca impulsar o debate e a reflexión sobre cuestións sociais e políticas de actualidade.

Nesta ocasión, a sesión contará coa participación da investigadora e historiadora Aurora Marco, que impartirá unha conferencia centrada na evolución dos dereitos das mulleres en España. O relatorio afondará nos avances acadados durante a Segunda República e no retroceso que supuxo a ditadura franquista para os dereitos femininos.

O encontro celebrarase o sábado 25 de abril ás 20:00 horas na Casa do Pobo de Ourense, situada na rúa Ribeira de Canedo, 24-26.

Desde a organización subliñan que esta actividade pretende non só achegar coñecemento histórico, senón tamén promover a reflexión colectiva e o diálogo arredor da igualdade de xénero e os dereitos sociais desde unha perspectiva crítica.

0.14944505691528