O PSdeG de Ourense pon en marcha un ciclo de conferencias para reactivar a Casa do Pobo
A Casa do Pobo acolleu este venres un parladoiro coa activista, representante sindical e colaboradora de programas televisivos, Afra Blanco Rodríguez. Un acto aberto a cidadanía e que contou coa presenza de ducias e ducias de ourensáns que se achegaron ata a sede provincial do PSdeG-PSOE de Ourense para participar neste evento e poder conversar con Blanco Rodríguez sobre diferentes temas de actualidade.
O evento serviu como punto de inicio dun ciclo de actos e conferencias co que a Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense pretende abrir as portas da Casa do Pobo á cidadanía e revitalizar deste xeito a sede provincial como punto de encontro para a veciñanza da cidade e da provincia.
Baixo o título “A Revolta das Utopías”, Afra Blanco aproveitou para por o foco en numerosos temas de actualidade e interactuar cos asistentes, que participaron de forma activa neste parladoiro. A activista e representante sindical comezou analizando nas loiadas, tan de actualidade nas redes sociais e nos medios de comunicación nos últimos tempos. Neste senso avogou por “loitar pola verdade e o desmantelamento das loiadas, que tanto dano causan e que tan rápido se propagan a través das redes sociais”.
Durante o acto tamén se analizaron as actuais políticas progresistas, que segundo Blanco Rodríguez “están desmontando ao neoliberalismo” e púxose o foco sobre o escudo social progresista, que tal e como apuntou a sindicalista “salva vidas e debe vincularse co desenvolvemento social e laboral”. Neste punto houbo tempo para falar da Dina e dos problemas ocasionados pola mesma, así como o traballo do Goberno para axudar aos afectados.
Afra Blanco tamén profundou sobre o actual Goberno encabezado polo PSOE do que afirmou “estanos aportando benestar social e novos dereitos, que a súa vez traen riqueza e benestar”. A activista e colaboradora televisiva non quixo esquecerse do papel que xogan as Casas do Pobo, subliñando neste senso que “deben ser punto de reencontro e de retroalimentación da esquerda e servir como nexo para xerar diálogos e reflexións”. Neste punto tamén afirmou que “os únicos inimigos da democracia están en VOX e non nos sindicatos como UGT, CCOO ou CIG”.