O PSdeG de Ourense solicita unha Xunta de Voceiros para informar dos puntos a tratar na mesa de negociación da RPT

OurenseXa
As e os edís do PSdeG consideran que os temas a tratar -a oferta de emprego público para este ano, a modificación da Relación de Postos de Traballo ou a do plan de estabilización- “presentan moitísimas carencias”
Concello_Ourense_recurso_2
Concello de Ourense
13 Aug 2024

O grupo municipal socialista vén de solicitar a convocatoria dunha Xunta de Voceiros para que o alcalde e xefe de persoal, Gonzalo Pérez Jácome, informe á oposición dos distintos puntos que se aboradrán na orde do día mañá, durante a mesa de negociación, cos diferentes sindicatos que contan con representación no Concello de Ourense.

Logo de coñecer a proposta realizada para a Relación de Postos de Traballo (RPT) e a modificación da OPE extraordinaria de estabilización, as e os socialistas xa denunciaron que o rexedor “pretende privatizar a Administración pública” pero non para convertela nunha empresa privada sen máis, senón “unha onde nin sequera se garanten os dereitos laborais”.

Analizando polo miúdo as propostas, advirten de que desaparecen algúns postos esenciais para o correcto funcionamento da actividade do Concello e que se eliminan, por outra banda, dereitos retributivos “sen ninguna mellora salarial ou laboral”. Ademais de continuar adebedándose parte das nóminas a moitos traballadores dende hai meses.

As e os edís do PSdeG consideran que os temas a tratar -a oferta de emprego público para este ano, a modificación da Relación de Postos de Traballo ou a do plan de estabilización- “presentan moitísimas carencias” logo de revisar a documentación aportada. “Non soamente porque se trata de documentos que semellan máis borradores que documentos en si mesmos, senón que tamén hai unha ausencia absoluta de xustificación dos cambios que se preteneden introducir”, expón a edil María Fernández Ojea.

Neste senso, engadiu que non se está tampouco a proceder axeitadamente no que respecta aos prazos para que se poidan modificar as bases da estabilización “xa que tería que rematarse a finais do mes de decembro”.

Cabe destacar, por outra banda, que aínda continúa sen executar a OPE de 2014 mentres se pretende modificar as bases da de 2021, algo que parece incongruente e insuficiente porque, segundo estiman os sindicatos, as prazas que se pretenden sacar hoxe en día non servirá para cubrir as do futuro posto que haberá máis xubilacións.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18475389480591