O PSdeG denuncia o “baleiro institucional do Concello de Ourense para conmemorar o Día das Letras Galegas”

OurenseXa
Dende a agrupación municipal organizarán actos “para aportar o seu gran de área” tanto no Día das Letras coma durante a festa dos Maios
psoe-ourense-executiva-municipal
Reunión da Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense
10 Apr 2025

Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense abordou a programación cultural que se promoverá dende a agrupación local os vindeiros meses e entre a que destaca a tradicional ofrenda ao fundador do partido, que cada ano se realiza diante do busto de Pablo Iglesias Posse antes da manifestación do 1 de maio.

Ademais, por terceiro ano consecutivo as e os socialistas participarán na Festa dos Maios, unha das celebracións máis senlleiras de Ourense, cunha nova creación cuxa elaboración se levará a cabo de xeito aberto á cidadanía que desexe colaborar ou aprender.

Acordaron, por outra banda, aportar o seu gran de area ante o “baleiro institucional do Concello de Ourense para conmemorar o Día das Letras Galegas” deste ano que a Real Academia Galega acordou dedicar á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama (de Cerdeda); Eva Castiñeira Santos (de Muxía); e Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido (integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens).

⚙ Configurar cookies
0.16780495643616