O Salón da Cooperativa da Arnoia será sede da proxección de 'Antes de nós'

OurenseXa
O espazo recibirá o vindeiro 21 de agosto ás 21.15 horas esta obra dirixida por Ángeles Huerta, con entrada de balde
antes_de_nos_cartel
18 Aug 2026

O Salón da Cooperativa da Arnoia será sede, o vindeiro 21 de agosto ás 21.15 horas, da proxección de 'Antes de nós', unha película que se achega á figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e á súa relación con Virxinia, retratada a través de dous momentos clave na vida de ambos.

A película propón un relato marcado polas separacións, os reencontros, as perdas e as viaxes, que permite coñecer a un Castelao anterior a converterse no referente que hoxe se lembra, así como a unha Galicia previa á aparición da Xeración Nós.

A cinta está dirixida por Ángeles Huerta, con guión de Pepe Coira e producida por Zaza Ceballos, baixo o selo de Retinco's AIE. No reparto figuran, entre outros, Xoán Fórneas e Cris Iglesias.

A entrada á proxección será de balde, polo que desde a organización animan ao público a non perder esta oportunidade de coñecer a súa historia na gran pantalla.

0.14766502380371