O Sergas levou a cabo máis de 40 obradoiros de saúde en Ourense durante esta semana

OurenseXa
A cidade de Ourense acolleu 25 das 45 actividades programadas polo Sergas
sergas_coñece_o_teu_centro_de_saude
Iniciativa
19 abr 2024

Ao longo desta semana, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) levou a cabo un total de 45 actividades de saúde comunitaria na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras.

Deles, 25 obradoiros corresponden a saúde escolar e estiveron orientados aos nenos e as nenas dos centros educativos da provincia. Pola súa banda, outros 21 corresponderon ás chamadas "Escolas de saúde", destinadas á poboación en xeral.

A cidade de Ourense acolleu 25 das 45 actividades programadas polo Sergas, mentres que outras dúas desenvolvéronse en Allariz e unha no concello de Coles.