O Son do Arnoia celebra este sábado a súa quinta edición en Baños de Molgas

OurenseXa
As actuacións comezarán ás 22.30 horas e o cartel estará integrado polo grupo América, a banda Malditos Pendejos e DJ DMiron
son-do-arnoia
31 Jul 2026

O festival Son do Arnoia celebra este sábado a súa quinta edición no recinto da Pitadiña, en Baños de Molgas, onde volverá reunir aos amantes da música en directo nunha das citas estivais máis destacadas da comarca.

As actuacións comezarán ás 22.30 horas e o cartel estará integrado polo grupo América, a banda Malditos Pendejos e DJ DMiron, encargados de poñer a banda sonora a unha noite para a que a organización agarda unha ampla asistencia de público.

Desde a organización destacan a evolución do festival, que foi medrando edición tras edición ata consolidarse como unha das propostas musicais de referencia do verán na zona, apostando por unha programación centrada na música e no ambiente festivo.

0.16086411476135