O Son do Arnoia regresa a Baños de Molgas para celebrar a súa quinta edición ao ritmo da mellor música

OurenseXa
O grupo América, Malditos Pendejos e DJ DMiron actuarán o festival, que tamén porá á venda camisetas oficiais e pulseiras para apoiar a continuidade do evento
son-do-arnoia
18 Jul 2026

O festival Son do Arnoia deu a coñecer o cartel definitivo da súa quinta edición, que volverá converter Baños de Molgas nun punto de encontro para a música en directo durante o verán.

A cita celebrarase no recinto da Pitadiña, onde as actuacións comezarán ás 22.30 horas. O programa musical estará formado polo grupo América, a banda Malditos Pendejos e DJ DMiron, encargados de poñer a banda sonora a unha noite que a organización agarda que reúna a numeroso público.

Desde a organización destacan que o festival continúa medrando edición tras edición e consolidándose como unha das citas estivais de referencia na contorna, cunha proposta centrada na música e no ambiente festivo.

Coincidindo coa presentación do cartel, tamén se anunciou que esta semana sairán á venda as camisetas oficiais desta edición, confeccionadas con material reciclado, así como as pulseiras do festival. A organización explica que a adquisición destes produtos permitirá ás persoas asistentes conservar un recordo do evento e, ao mesmo tempo, colaborar para contribuír ao seu crecemento e continuidade nas próximas edicións.

0.1292200088501