O Subdelegado do Goberno en Ourense repasa con representantes da DXT as iniciativas en materia de tráfico
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou as instalacións da Dirección Xeral de Tráfico en Ourense, onde comprobou “o rigor e a profesionalidade cos que traballan todos os departamentos, que están encabezados polo seu director David Llorente”, sinalou.
Santos achegouse ao labor dos funcionarios na tramitación de documentación, xestión de permisos de conducir para españois e estranxeiros, e realización de trámites relativos a vehículos e condutores.
Ademais, na reunión repasaron todas as iniciativas que a DXT en Ourense leva a cabo en materia de educación, prevención e seguridade viaria, “sempre co obxectivo de dar o mellor servizo tanto ao condutor como ao peón”, destacou o subdelegado.
Ademais, acompañárono a coñecer as modernas e actuais dependencias habilitadas para facer os exames teóricos do carné de conducir, que dispoñen de avanzados sistemas dixitais.
Na visita estiveron presentes o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, a subxefa provincial, Andrea Conde, a xefa da sección de Seguridade Vial, Estrella Garrido, e a xefa da sección de Tramitación, Ana Novoa.