O teatro chega ao Verán Cultural de Amoeiro coa representación de "Scandalo's Club"

OurenseXa
Será este venres ás 21:00 no Campo da Festa, con acceso gratuíto
venres-de-cine-e-teatro-amoeiro
10 Jul 2026

O programa Verán Cultural Amoeiro continúa esta semana coa representación da obra teatral "Scandalo's Club", que terá lugar o venres 10 de xullo, ás 21.00 horas, no Campo da Festa de Amoeiro. A entrada será libre.

A programación cultural estival botou a andar o pasado 3 de xullo coa proxección da longametraxe Jurassic World e continuará durante os próximos meses con novas actividades para todos os públicos.

Con esta iniciativa, o Concello de Amoeiro mantén a súa aposta por ofrecer unha programación cultural variada ao aire libre durante o verán, combinando cine, teatro e outras propostas de lecer para a veciñanza e as persoas visitantes.

0.13872909545898