O teatro musical "A historia de Martín" encheu de música e emoción o Pavillón Municipal de San Cibrao das Viñas

A representación formou parte do programa Cultura no Camiño, que leva actividades culturais aos concellos situados nas rutas xacobeas
teatro-musical-san-cibrao-das-viñas
26 Jul 2026

O Pavillón Municipal de San Cibrao das Viñas acolleu a representación do teatro musical A historia de Martín, unha proposta escénica que combinou música, emoción e entretemento e que reuniu a numeroso público.

A actuación enmarcouse dentro do programa Cultura no Camiño, unha iniciativa que promove a chegada de actividades culturais aos concellos polos que discorren as distintas rutas xacobeas, co obxectivo de achegar a programación cultural tanto á veciñanza como ás persoas peregrinas.

O espectáculo ofreceu unha función pensada para todos os públicos, na que a música tivo un papel protagonista e que conseguiu implicar aos asistentes ao longo da representación.

Desde o Concello agradeceron a asistencia do público que participou nesta cita cultural, integrada na programación de Cultura no Camiño.

0.1247820854187