O Teatro Principal de Ourense acolleu o concerto conmemorativo polos 30 anos da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia

GaliciaXa | OurenseXa
O espectáculo contou coa participación dos grupos Cantagalos, Zoadeira, Cuncas do Son, a Banda de Música e Cultura de Galicia, Batukaos e O Son do Vento
banda-de-musica-e-cultura-de-galicia
17 Jun 2026

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia celebrou no Teatro Principal de Ourense o concerto conmemorativo polo seu 30º aniversario, nun acto que reuniu numeroso público e diferentes agrupacións vinculadas á entidade.

O espectáculo contou coa participación dos grupos Cantagalos, Zoadeira, Cuncas do Son, a Banda de Música e Cultura de Galicia, Batukaos e O Son do Vento, todos eles integrados na propia asociación, que ofreceron distintas actuacións ao longo da xornada.

O Teatro Principal encheuse por completo, con arredor de 400 asistentes, ante a elevada demanda de entradas, o que fixo que o recinto quedase pequeno para acoller todo o interese xerado polo evento.

Durante o transcurso do concerto tamén se desenvolveu un acto de homenaxe a Justo Calviño Cruz, presidente da asociación desde a súa creación. Os socios e socias da entidade expresaron publicamente o seu recoñecemento polo seu labor e dedicación ao longo destas tres décadas de traxectoria cultural.

0.13951110839844