O teatro volve a Pereiro de Aguiar coa II edición do Teatro Afeccionado Padre Feijoo

OurenseXa
O ciclo inclúe catro representacións teatrais con entrada libre entre o 28 e o 31 de maio
presentacion-certame-teatro-pereiro
19 May 2026

O teatro afeccionado regresa ao Pereiro de Aguiar coa celebración da II edición do Teatro Afeccionado Padre Feijoo, unha programación cultural que se desenvolverá nos vindeiros días no Auditorio dos Gozos e que busca promover a cultura, apoiar o talento local e achegar distintas historias ao público.

O ciclo inclúe varias representacións teatrais con entrada libre ata completar aforo. A programación arrinca o xoves 28 de maio ás 19:00 horas coa obra “Pecados Capitais”, a cargo do grupo de teatro da A.C. A Caniceira.

O venres 29 de maio, tamén ás 19:00 horas, será a quenda de “A esperanza”, representada polo Grupo de Adultos de teatro de Barbadás. O sábado 30 de maio, ás 19:00 horas, a Aula de Teatro do Pereiro de Aguiar presentará “O demo viste de Bernarda”. O ciclo pecharase o domingo 31 de maio ás 12:00 horas coa representación de “A herdanza”, a cargo do grupo de teatro Loureiro, no mesmo escenario do Auditorio dos Gozos.

0.13970613479614